2010/10/14 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Entendo exactamente o mesmo ca ti.
>
> Xosé
>
>
> O Xoves 14 Outubro 2010 23:17:34 Adrián Chaves Fernández escribiu:
>> Xosé:
>> > Eu lin o artigo onte e o que me pareceu claro é que, desafortunadamente,
>> > utilízase a mesma palabra para dous conceitos distintos - no caso de
>> > GNOME, mal, o cal é unha pena. Tes algunha idea? Porque, se non, eu
>> > traduciríaos igual até que o desenvolvemento destes escritorios resolva
>> > doutra maneira. Entre outras cousas, podemos inventar unha tradución e
>> > eles optaren por outro termo distinto.
>>
>> De primeiras ocórreseme deixar “escritorio” ou “escritorio virtual” en
>> GNOME (en KDE úsase, pero para iso, para os escritorios virtuais), pero
>> non acabo de comprender os cambios dos escritorios virtuais actuais de
>> GNOME aos da versión 3 (entendo polo artigo que o termo cambia porque
>> “escritorio virtual” parécelles moi friki, pero que o concepto continúa a
>> ser o mesmo).

Poderiades poñer unha ligazón a dito artigo? É que non sei de que raio falades.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a