2011/1/7 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> O que di Villarino é que Microsoft distingue o método de conexións
>> persistentes do das "keep-alive" e que estas últimas non as traduce. A
>> forma inglesa desde logo é un truño estilo indio  "eu-comer-pescado"
>> :-P
>
>
> Non, o que digo é que se pos a fozar por windows en galego, resulta
> que ás conexións k-a chámanlles persistentes.

O de "conexión persistente" non me parece mala idea.

>> Power user -> usuarios avanzados?
>
> si, ou usuario experto

Eu prefiro "usuario experto". Penso que só deberiamos usar unha única tradución.

Respecto de "chat" eu cria que xa se fixara "conversa", pero como vexo
que hai xente que non o cre así poreino na lista de cousas a tratar na
trasnada.

E o de "groupchat" pode ser que o que escribiu o código xuntara as
dúas palabras. Pode que sexa "conversa en grupo", habería que
investigalo.

No de "<i>digest</i> authentication method" non entro xa que alguén
fixo unha boa investigación.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a