2011/1/6 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> De decidirmonos por traducir "groupchat" mantería "sala de conversa". Porén,
> o que comenta Antón do uso de chat non é pecata minuta, pero é un problema
> que atoparemos con cento e un termos. Isto dá unha boa sesión de discusión
> noutra trasnada.

Non tantos.
A min "conversa" non me convence porque me parece un hipernónimo, un
xenérico para discusión, fío, chat, charla, MI...
Sorpréndeme que na Galipedia non haxa entrada nin para chat nin para
conversa pero esta claro que a palabra a temos atravesada e indecisa
despois de 10 anos. Tanto en castelán como en catalán teñen chat e xat
estables... quen usa "tertulia"?

Léxico Panlatino de Internet (consultade charla e charla animada/quente !!!)
http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/internet-conxunto.pdf

Por certo e quizais da maior importancia para as trasnadas:

Parécevos razoable considerar un período de 10 anos de uso efectivo
para darlle validez definitiva a un anglicismo tecnolóxico?





>
> 2011/1/6 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com>
>>
>> Tomo nota de digest e máis power user.
>> O de "keep-alive" se vexo que ninguén propón nada máis quedo con
>> "avivecer/avivar" que dixo Antón.
>>
>> Sobre o Groupchat, en castelán o traducen como sala de charla e en
>> portugués como Sala de Conversação.
>
> Nota: o que máis vexo eu é bate-papo mais ca  "sala de Conversação"
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a