Roberto Suarez Soto wrote:
> 
> O día 21/Dec/1999, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> 
> > a ver se me explico: vaise crear esa lista para en principio formar algo
> > así como un portal non? pois ben, refírome a que persoas/grupos "temos"
> > que convidar a estar nesa "mesa de debate", para decidir como será, se
> 
>         Ben, pero ... ¿qué era exactamente iso do LeGAL? O:-) E dicir, ¿que é
> o que se pretende? ¿Un linux todo en galego, mesaxes do núcleo incluidas?
> ¿Traducir aplicacións? ¿Un linux "configurado" para os usuarios galego
> falantes? :-?
> 
> --
>    Roberto Suarez Soto   ·                  "If it can break,
>    ask...@bigfoot.com    ·                     It'll break"
> Corgo/Lugo/Galicia/Spain ·                    (Murphy's Law)

andamos despistados eh? ;)))))

pois é precisamente para iso: xuntámonos representantes de todo o que
teña que ver con este tema para debater e facer cousas xuntos. para
ampliar un pouco, vou facer de "rapel" un cacho (isto é unicamente unha
opinión persoal) ...

en principio, o mínimo que imos facer, é crear unha lista de correo (por
exemplo le...@xuntos.mais.fortes) na que esteamos esa xente que propuxen
eu, se a ninguén lle parece mal, e máis xente que se vos ocorra. 

seguidamente decidiremos, supoño, se se pode unir á lista calquera
interesado, ou se por exemplo se pon como "membro" desa lista
gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es para que vos enteredes todos. faremos unha
simple páxina coa descripción de cada proxecto e un enlace.

logo pillaremos un subdominio para poñer as webs, e quizais para
unificar as listas de correo
({legal,gpul-traduccion,gzlinux,...}@legal.izacion.org). finalmente se
todo vai ben, melloraráse a páxina un pouco.

e despois disto, temos a lista de correo para propor, por exemplo, un
proxecto para que as universidades poñan linux con cousas traducidas
(utopia? xDDD). ou como quere Xaquín, involucrar a moita xente como
xornalistas para facer unha campaña moi forte de achegamento ao usuario
final (estilo windows). ou tamén, podémonos fundir varios ou todos nun
mesmo grupo. ou se nos vai mal (esconxuro) disolvernos. iso xa é para
longo longo prazo ...

ben, todo isto penseino máis ou menos hai tempo, pero non o "cavilei a
conciencia", así que estouche tentando responder dicindo o que pode
pasar; pero por suposto non ten por que ir nesa orde, nin facer todo
iso, repito que é simplemente a miña opinión persoal do que se debería
facer e sen nin sequera pensalo moi detidamente ...

"en refinitiva": como o primeiro paso é crear a lista de correo, que a
vai facer Jesus Bravo, estou preguntando a quen debemos convidar a estar
nun principio nesa lista, para logo empezar a plantexarnos o resto. e eu
específicamente din a miña opinión sobre os que deberían estar e
pregunteivos por se vos parecen ben os que dixen e/ou ampliedes a lista.
agora todo claro non?


aburinho!!

___________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net>

GzLiNuX - Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG - Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a