olá:

Roberto Suarez Soto wrote:
> 
> El día 25/Dec/1999, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> 
> > andamos despistados eh? ;)))))
> 
>         O turrón, que me senta mal :-D
> 
> > en principio, o mínimo que imos facer, é crear unha lista de correo (por
> > exemplo le...@xuntos.mais.fortes) na que esteamos esa xente que propuxen
> > eu, se a ninguén lle parece mal, e máis xente que se vos ocorra.
> 
>         En principio, o que habería que facer sería ... algo :-) Non cómpre
> facer coma os de Freedows: montar unha tremenda parafernalia arredor de algo
> que non existe. O primeiro, na miña intención, é ter claro o que se vai facer
> e logo xa se farán listas de correo, páxinas web, e cousas así.
> 
>         Home, o da lista de correo pode estar ben por iso de coordinarse un
> pouco. Pero se aínda non se sabe o que se vai facer, todo iso será tempo
> perdido.
> 
> > interesado, ou se por exemplo se pon como "membro" desa lista
> > gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es para que vos enteredes todos. faremos unha
> 
>         Non, non, iso si que non; non dedes de alta listas enteiras. Os que
> queiran unirse da lista xa o farán, pero non obriguedes a tódolos outros a
> lé-lo voso correo :-)
> 
> > ben, todo isto penseino máis ou menos hai tempo, pero non o "cavilei a
> > conciencia", así que estouche tentando responder dicindo o que pode
> > pasar; pero por suposto non ten por que ir nesa orde, nin facer todo
> > iso, repito que é simplemente a miña opinión persoal do que se debería
> > facer e sen nin sequera pensalo moi detidamente ...
> 
>         Pos a impresión que me queda a min é a que che digo aí enriba, que
> moito ruido pero poucas noces :-) Eu apuntareime cando se saiba ben de que vai
> o proxecto. Fíxate que en toda a mensaxe non me dixeches que é o que se vai
> facer, que era o que eu che preguntaba :-)

home, está claro o que se vai facer: non se sabe o que imos facer ;))

iso é o que tento explicar: a lista de correo é para decidir o que imos
facer ... non o imos decidir, por exemplo, vós e máis eu agora nesta
lista de correo (digo eu, e se queredes que sexa nesta lista, polo menos
dicirllo a máis xente que lle poida interesar) ...

e en función diso, irá o resto (o que eu puxen a partir do da lista de
correo, como xa dixen, é pura especulación -mágoa non ser directivo de
Terra :((-).

expliqueime :?

>    Roberto Suarez Soto   ·                     And at dawn
>    ask...@bigfoot.com    ·                      I'll pray
> Corgo/Lugo/Galicia/Spain ·                At the Edge of Thorns


aburinho!!

___________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net>

GzLiNuX - Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG - Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Reply via email to