Tue, Feb 01, 2000 at 08:43:53PM +0100, Ramon Flores escribiu:

>O seguinte é so unha aclaración, non se tome como unha tentativa de
>discutir a normativa que debe usar o glup-traduccion. Non é esa a
>intención. 

        Por certo, o asunto das normativas na traducción de Linux pode ser
bastante flexible (e quero que sexa así en LeGAL)

        Se tes interés, vai a:

http://ceu.fi.udc.es/~jtarrio/gl-po/outros

        Aí puxen a túa traducción do XFce, e a miña adaptación ó galego
normativo (que, por certo, só me levou 25 minutos) :-)  O galego normativo
púxeno como "gl" (creo, sin entrar en moitas discusións, que é o razoable),
e o teu como "gl@minimos"

        O da @ non o invento eu, é parte do sistema de i18n/l10n de
Linux, GNU e POSIX en xeral, serve precisamente para iso, para "outras
modificacións da lingua", que non sexan o país, ou o código de caracteres.

        O exemplo máis difundido coa @ é o do noruego:

no         -> noruego bokmal (o oficial)
no@nynorsk -> dialecto nynorsk (variedade baseada na lingua que había antes
              da invasión danesa)

        Xa me dirás o que che parece...

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Reply via email to