Jesus Bravo Alvarez wrote:
> 
> Mon, Jan 31, 2000 at 01:01:11PM +0100, Ramon Flores escribiu:
> 
> >       Esta mensaxe é para lembrar que non sodes os únicos en traballar en
> >software en galego, e que hai xente, que mellor ou pior comezou a
> >traballar antes que vos.
> 
>         Haberia que se preguntar por que non o sabemos.  ¿Pouca
> publicidade?  Espero que con LeGAL non pase iso coa traducción de Linux.

;)))))

> >Ainda que non tedes por que adoptar as suas
> >mesmas solucións, parece-me sensato tervo-las en conta.
> 
>         O principal problema é que as solucións que usades no Xis están
> orientadas á normativa de mínimos, e iso non é sempre compatible coa
> normativa oficial...
> 
> >ftp://ftp.galego21.org/Xferra/GlosarioV2.zip
> 
>         Por certo, non pode ser moi útil un glosario para os Linuxeiros, se
> está nun formato windowseiro. :-)))))
> 
>         Faime gracia por outra banda que ese glosario teña as palabras en
> normativo... :-?
> 
>         Estiven a mirar un pouco os termos que empregades, e non me parecen
> tan diferentes...  Dos que eu considero "esenciais" (é dicir, que é moito
> mellor que sexan iguais para facilita-la usabilidade), varían:

ben, con todas as pegas posibles ... eu creo que é mellor comezar con
algo que da nada. se non se axustan moi ben a certos propositos
particulares ... máis ben é porque non foron pensados para iso, creo eu.

> Window -> xanela  (lóxico ó usardes unha normativa máis próxima ó portugués)
> File -> Arquivo  (iso é por colle-la traducción de Brasil, tanto nós como
>                   en Portugal usan Ficheiro)

no de xanela/fiestra/ventá non vou entrar (úsase ventá porque é a que
máis se parece ao castelán) ... pero eu creo que ficheiro e arquivo
teñen matizacións, que veñen sobre todo dados en temas de compresión e
copias de seguridade: nas documentacións relativas a isto ficheiro é un
ficheiro e arquivo é o ficheiro comprimido/copia de seguridade(=conxunto
de ficheiros -> arquivador -> arquivo), tanto dá que estea en tar,
tar.gz, zip, arj, ...

>         Do resto das palabras, penso que xa cada un é mellor que faga o que
> lle pete na gana.  (Por exemplo: ligazón - enlace).
> 
>         O que si que me fai gracia é iso de "cabezallo".  Por se alguén ten
> curiosidade, esta é a definición do diccionario:
> 
> "Timón do carro ou doutro instrumento de labranza no que van enganchados os
> animais de tiro"
> 
>         X'')))))))
> 
> >> Window -> Fiestra (hai outras opcións que teñen ventá e xanela, pero
> >>           "fiestra" é maioritaria, e non vou dicir por que. O:DDD).
> >>           Ademais de que é a única enxebre. :-)))
> >
> >Por onde se usa tradicionalmente fiestra?.
> 
>         ¿En Galicia?
> 
> >Xanela usa-se popularmente
> >cando menos polo sul da provincia de Pontevedra, e ademais para todo
> >tipo de xanelas, e non como di algun dicionário unicamente para as
> >pequenas.
> 
>         Ti o dixeches, no sul da provincia de Pontevedra... e aínda así eu
> nunca a oín.  A miña nai é dunha aldea a 7 Km de Portugal, e eu vou alí
> tódolos veráns, e eu nunca oín iso de "xanela".
> 
>         Co mesmo argumento que usas xanela, tamén poderías usar "ventá",
> que está moitísimo máis difundido (por exemplo, eu vivín 8 anos en Coruña e
> que eu lembre non se oía outra cousa máis que "ventá") :-?
> 
> --
>      _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
>    _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
> --
> Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
> poñendo "unsubscribe" na mesaxe

-- 


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net>

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a