> > 
> > pois iso, liberdade no idioma (mellor dito, normativa) e no que se
> > queira traducir ou facer. pódese facer unha lista de prioridades ou algo
> > así, pero será opcional.
> 
> Aí difiro, coido q a única solución polo de agora viable pra rematarmos tendo 
> material en galego abondo é manter unha única normativa, ou sexa, 
> imaxinádevos utilizar o bash en galego normativo e ó ir a mirar a páxina man 
> atopala en portugués (perdón en reintegracionista ;), penso q é o máis 
> productivo e é innegable que hai un galego oficial (sen entrar en discordias) 
> e que a lectura do reintegrado (aínda que non esixe unha iniciación) élle 
> estrana a moita xente, ¿non credes?

Se eu non entendera mal Legal xurdiu coa idea de ser un lugar de
ENCONTRO dos distintos proxectos que traballan a prol do linux en
galego, traducións de programas, traducións de documentación, distribucións,
programación, haxioloxia linuxeira, ...

Para que sexa ese lugar de encontro, e non de desencontro, actitudes como a
anterior (temos de usar unha única normativa, que ademáis é a que a min me
peta), deberian evitar-se no máis posíbel.

Un saudo
        Ramón

Responderlle a