Camilo Regueiro wrote:
>
>     Para empezar debedes de saber que eu estou dentro do grupo de traballo
> de Galego21 (www.galego21.org), e que nestes intres estamos a piques de
> constituirnos legalmente como asociación sen ánimo de lucro (ou sexa cuns
> estatutos e toda a parafernalia). Como vin que se prnatexou na lista este
> tema (o de constituirse, etc..), ofrezco esta cobertura legal para o LeGal,
> asi pois invitovos a entrar dentro da cobertura legal, e pedindovos que
> tomedes parte activa en dita organización, ou sexa entrar na directiva, e
> formar un grupo de traballo independente.
>
>     Non pretendo con esto facer ningun tipo de caralladas de absorción, nin
> bobadas deste tipo, tan só ofertar unha infraestructura que estamos facendo
> unha xente que traballamos polo software en galego e por conquerir unha
> penetración do noso idioma na rede, e tentar aunar esforzos en todo este
> camiño que nos prantexamos moita xente.

creo que non se falou en ningún momento de constituirse nese sentido,
pero ben, é unha opción.

o outro día falando con Newton, "presi" do GLUG (por certo, no GLUG xa
estamos constituídos dese xeito); comentoume precisamente o de
"ingresar" como proxecto de galego21, e eu dixen que prefería deixalo
para despois de organizarnos no LeGAL, porque esto cambia moitos as
cousas. pero ben, xa que o ds, tamén podemos falar sobre isto.

e antes de nada, independentemente do resultado; creo que tod@s estamos
moi agradecidos polo ofrecemento :))))

>     Bueno.... mais ofrecementos: agora temos pagado un dominio e un servidor
> ata dentro de 2 anos, ou sexa temos servidor Web, dominio propio
> (www.galego21.org) e servidor de correo electrónico (podemos dar de alta
> buzóns de correo gratuitos co formato 'usua...@galego21.org'). Ofrezo estes
> servicios (servidor Web, altas de correos, etc..) a LeGal, sen ningun tipo
> de custo nin ná de ná.

unhas preguntiñas por curiosidade ... servidor de FTP? e o(s)
servidor(es), tédelos vós "fisicamente" ou está nunha empresa (= para
cambiar cousas tédelos que avisar, non podedes poñer novos servicios así
como así, ...)? 

>     Agora unha serie de opinións:
>     -----------------------------------
> 
>     Pola experiencia que teño, o mellor sistema de reparto de traballo, é
> establecendo prazos, de tal xeito que se 'un membro' non os cumple, tentar
> ver o por que, poidendo reasignar a tarefa a outra persoa de xeito rápido, e
> sen eternizarte esperando o remate dun traballo que ao final non  se esta a
> facer. Por suposto que neste tema os 'coordinadores' deben de ser flexibles,
> e coñecer os motivos do retraso, facendo un seguimento de cada un dos
> membros.
>
>     O tema da normativa..... poñedevos de acordo agora ao principio, non
> perdades moitos esforzos neste tema (ou sexa non queimedes 'a xente' cunha
> discusión inacabable), pero unha vez postos de acordo (pensade ben todos os
> pros e os contras) procurade unificar o tema, ou sexa editar unha serie de
> normas de estilo a cumplir por todo o mundo.

completamente dacordo cos dous temas :))))) por esa razón crin convinte
debatirmos sobre as normas xa desde o principio.

>     Estou empezando a mirar o tema do Netscape 6 (o Mozilla), e vexo que o
> traballo que se faga para Windows, vai ser totalmente aproveitable para
> Linux, ou sexa que non creo que haxa que duplicar traballos neste senso, e
> incluso se poden abrir vias de traballo nas duas plataformas para combinar
> os resultados. Aínda o estou a estudiar, pero creo que se podería facer así.

netscape 6?? non é o 5?

>     Bueno, mais nada polo de agora.
> 
>     Camilo Regueiro


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]


Responderlle a