olá:

en principio as páxinas vanse poñer inminentemente (toco madeira), e
aínda non hai un logo "de verdade". así que anúncioo aquí a ver se a
alguén se anima. algunas consideracións ...

pódese facer un animaliño simpático que non teña que ver co nome (Linux
-> Tux), ou no noso caso sería máis apropiado en relación co nome (GNU
-> os varios ñúes, SLUG -> babosa) aínda que non fora un animaliño
(GNOME -> pegada dun nomo en forma de "G", Apache -> pluma). así que
podería ser un trasno en acción ou algo que lembrara un trasno.

a outra vertente é facelo en letra, tal como o logo de slashdot.

despois existen moitas variantes por suposto, como unha composición das
dúas vertentes: unha figura xogando ente as letras de trasno, unha
figura con "trasno" debaixo para aclarar (Apache, GNOME ás veces), algo
semellante ao extraño logo de Sun Microsystems ...

ben, supoño que colledes a idea, só tento apuntar algunhas direccións
polas que podedes camiñar ...

despois se hai varios, votaremos ou o que sexa, o procedemento habitual
nestes casos. e propoño que, dependendo do noso presuposto nulo, a@
autor@ lle deamos unha viaxe con ningún gasto pago polos satélites de
Marte ou mesmo unha semana de colegueo con RMS ou Linus (a escoller), e
a@s participantes un aplauso virtual ... ;))


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo <man...@linuxfan.com>



--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Reply via email to