Acabo de ler a nova no sitio do GLUG, máis que nada sorprendeume e reforzou o 
meu descoñecemento no tema das 
subvencións/adxudicacións/empresas/organizacións e demáis temas relacionados 
coa economía . Resulta que o CESGA saca a concurso a localización do 
OpenOffice ao galego. Tamén me sorprendeu ver que o CESGA é unha sociedade 
anónima e non un centro dependente directamente do MEC ou da Xunta. É polo 
tanto esta sociedade de xestión a que fai a proposta de concurso.

Ben, primeiro, ¿sabe alguén se a atribución da tradución do OpenOffice foi 
para o CESGA, por parte da organización do OpenOffice, e ésta a está 
subcontratando, ou simplemente se está tomando a liberdade o CESGA de sacar a 
concurso a tradución deste software (o que supoño)?. Neste derradeiro caso, 
terase que ter en conta que o OpenOffice coido estaba parcialmente traducido? 
Ademais como e posíbel que o prazo de presentación de proxectos remate o 5 de 
outubro (a vindeira semana) se o concurso veu a luz estes días? ¿Como é 
posíbel que se gratifique o traballo coa cantidade desmesurada de 140.000 
euros (20 millóns e medio de pesetas) por un proxecto que ten que estar 
rematado o 15 de decembro de este ano e coido non supón tanto traballo para 
un equipo de filólogos ben pagados? Pois coido que a min esto me cheira ao de 
sempre en galicia e españa, que o fluxo de diñeiro está preconcebido para tal 
empresa a cambio de traballo lixeiro de coste inferior ao fornecido. Tal e 
como presentan as condicións, pode que estean optimizadas para unha empresa 
predeterminada?

Por certo tamén, a ligazón apunta a un ficheiro pdf dentro do cartafol 
concursos, mais no mapa da web non aparece a sección concursos. Ademais nin 
sequera aparece na portada da páxina do cesga, o que, tratándose da cantidade 
que ofrecen, merece un rinconciño no primeiro plano non? 
Pero o que me toca as ****** (narices) é que xa existe un proxecto de 
tradución de OpenOffice a cargo de Roberto Abalde (Proxecto Ceibe) que aínda 
que desfasado supoño pois supón unha boa excusa para ofertar un traballo 
sobre terreo xa sachado. Mais notar tamén que existen dous modos de tradución 
do Openoffice, o 18n e 10n, e non sei moi ben que vía se vai a empregar.

Máis info en:
http://www.glug.es/modules.php?name=News&file=article&sid=664
http://www.cesga.es/concursos/concurso4_05/concurso4_05.pdf

¿Que opinión vos merece? ¿Está algún de vos implicado ;P?






 



_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a