Pois aínda me parece peor o dos 104.000 por elaborar un informe sobre a 
penetración do software libre na sociedade galega. Pouco máis haberá que 
contar que no caso da penetración dos tintes rubios entre a poboación de 
nepal (xa sei que esaxero). 


> O Martes 27 Setembro 2005 23:00, Xabi G. Feal escribiu:
> > Acabo de ler a nova no sitio do GLUG, máis que nada sorprendeume e
> > reforzou o meu descoñecemento no tema das
> > subvencións/adxudicacións/empresas/organizacións e demáis temas
> > relacionados coa economía . Resulta que o CESGA saca a concurso a
> > localización do OpenOffice ao galego. Tamén me sorprendeu ver que o CESGA
> > é unha sociedade anónima e non un centro dependente directamente do MEC
> > ou da Xunta. É polo tanto esta sociedade de xestión a que fai a proposta
> > de concurso.
> >
> > Ben, primeiro, ¿sabe alguén se a atribución da tradución do OpenOffice
> > foi para o CESGA, por parte da organización do OpenOffice, e ésta a está
> > subcontratando, ou simplemente se está tomando a liberdade o CESGA de
> > sacar a concurso a tradución deste software (o que supoño)?. Neste
> > derradeiro caso, terase que ter en conta que o OpenOffice coido estaba
> > parcialmente traducido? Ademais como e posíbel que o prazo de
> > presentación de proxectos remate o 5 de outubro (a vindeira semana) se o
> > concurso veu a luz estes días? ¿Como é posíbel que se gratifique o
> > traballo coa cantidade desmesurada de 140.000 euros (20 millóns e medio
> > de pesetas) por un
> >
> > Máis info en:
> > http://www.glug.es/modules.php?name=News&file=article&sid=664
> > http://www.cesga.es/concursos/concurso4_05/concurso4_05.pdf
> >
> > ¿Que opinión vos merece? ¿Está algún de vos implicado ;P?
>
> Virxen santissima 140.000,00€!!!!
> Oiche Xabi, e non coñecerás ninguén cun negócio de informática.
> Apresentamo-nos ao concurso e listo, que nos contrate a nos os dous por un
> módico prezo (eu conformo-me con 25000).
>
> Pois si, isto parece-se moito a un chanchullo mais. Que opinará Roberto
> Brenlla disto?.
>
> > _______________________________________________
> > Trasno mailing list
> > tra...@ceu.fi.udc.es
> > http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a