Cómo non vou pensar que está amañado, tratándose de 1.000 euros?
        Entre tódolos concursos que hai na páxina do CESGA podo ver que a 
maioría son
de equipamento informático e de reparacións e albañilería. Mais logo atopo 
outros dous concursos relacionados co sw libre, un de localización e outro o 
do informe. Podo recoñecer que o da localización é unha excelente idea, como
non, pero non serve de base argumental que xustifique a lexitimidade do 
concurso, se pensamos cál é a cantidade ofertada, o prazo ofrecido para a 
presentación de solicitudes, o sospeitoso xeito de valorar as propostas (a 
valoración da experiencia da empresa en traducións) e o máis sospeitoso 
aínda método de concesión. Na convocatoria non se fai referencia á publicación 
da adxudicación, mais só se di que se decide in situ, coa presencia dos 
candidatos en reunión. Seguramente apareza a resolución nun taboleiro, pero 
coido que non é o máis axeitado. 
        Se o compromiso do CESGA coa localización e implantación do sw libre 
fóse
sempre coma a que manifestan nestes dous concursos, terían tido máis presencia 
noutros proxectos, por non dicir que podían emprender a tradución 
directamente con persoal contratado por eles mesmos (o cal suporía un 
aforro,non si?). Ademáis, coido que o método empregado é por un lado o xeito 
máis doado de desentenderse do tema, e aínda por riba, a mellor maneira de 
malgastar os fondos sobrantes e favorecer a algún amiguete.
        Ás veces parecerei malpensado, pero estou ao tanto do tema das 
subvencións 
con fondos europeos, e sei ben que como vivimos nun país sen proxectos 
tiramos o diñeiro ao primeiro que se nos ocorre.

        Logo dis o de que é mellor ter algo rematado. Home, ninguén o negou 
rapaz, 
pero tampouco é argumento para lexitimar o concurso. Xa puxen enriba os 
puntos que non apoio do concurso. Ademáis, se tamén admites que xa está 
parcialmente traducido, paréceme mal que o adxudicatario aproveite traballo 
feito e aínda por riba cobre. O primeiro que se debería facer era informar ao 
tradutor que houbo ata o de agora e propoñerlle que retome o traballo cunha 
axuda económica razoábel, pode que tamén adxuntándoo a un equipo de filólogos 
contratados. 

        Non dixen que todo estea amañado nesta vida, só estabamos a falar deste 
concurso. E outra vez, que a Xunta non aporte cartos, é algo confuso, pois o 
CESGA está participado así: (deixo á sorte as miñas confusións en economía, 
seguro que estou metendo a pata en aglo).

""A S.A.X. CESGA constitúese como unha Sociedade Anónima de Xestión na que 
participan a Xunta de Galicia,  cun 70% do capital,  e o Consejo Superior de 
Investigaciones Científicas (C.S.I.C.),  cun 30%. ""

        




> "Alejandro Feijoo" <alfei...@cesga.es>,
>  coa seguinte mensaxe:
> "[...]
> Está claro que existen proxectos para a traducción o galego do OO pero non
> é millor poder ter algo rematado?, refirome, esta xente que traballa en
> proxectos pode presentar o seu, e seguir traballando na traducción pero
> cobrando uns cartinhos, claro está co fin de rematar o traballo unha data
> sinalada.
>
> Non sei creo que porque sexa unha empresa privada, decir que esta dado de
> anteman... non sei pareceme non estar receptivo a que unha empresa axude a
> fomentar o software libre.. conhe se a Xunta non fai coma a Generalitat e
> non aporta cartos, que unha empresa decida facelo, non e para directamente
> pensar que esta todo amanhado, porque se esta amanhado tamen seguramente o
> estaria a Suvencion da Xunta ou da Generalitat ou do Goberno vasco, ou
> directamente pensamos que todo esta amanhado nesta vida :)
> "

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a