Quería facer pública unha información relativa a Trasno e as propostas 
de 
tradución que se veñen facendo nos últimos meses, tanto a Trasno coma a 
empresas coma o concurso do que falabamos noutros correos:

        1)Tras facer un par de consultas na rede, descubrín que Roberto Brenlla 
(proxecto agnix.org) e Jesús Arribi Vilela (proxecto agnix.org) foron 
partícipes de varias xornadas en prol do sw libre en Fene e en Santiago de 
Compostela, sendo probablemente os impulsores de ditas xornadas, como deu a 
entender un deles nalgunhas mensaxes. Ademais, a súa pertenza á asociación 
agnix denota que existe algún tipo de relación entre eles. O máis importante 
é que Jesús Arribi pertence ao persoal do CESGA no grupo Centro de 
Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, no que traballa coma 
analista (ver http://www.cesga.es/ga/Cesga/Persoal.html)

        2)Roberto Brenlla fixo unha proposta a Trasno en xaneiro deste mesmo 
ano, o 
mesmo día no que se inscribía na lista de correo e se presentaba,
na que ofertaba as axudas económicas dun concello, do que non se nos revelou o 
nome ata máis tarde, para acometer os traballos de tradución que se estiveron 
levando sempre en Trasno. En ningún momento se nos puxo en contacto directo 
co concello e sempre se falou do tema con Roberto de intermediario (se é que 
se lle comunicou ao concello algo das nosas conversas). Posteriormente, 
Roberto se dirixía a min en privado e solicitaba máxima discreción, para 
informarme de que tamén tiña contactos con persoal do Plan De Normalización 
Lingüística da Xunta. Algún funcionario/cargo/persoa deste grupo estaba tamén 
moi interesada no tema de subvencionar estas actividades de tradución do sw 
libre, en concreto pretendían elaborar un diccionario de galego normativo 
para o Aspell (OpenOffice). Roberto Brenlla solicitoume a min a elaboración 
dun preproxecto e cito palabras textuais:

        ""Di que, se podes, prepares un moi breve
        borrador coa 'estratéxia técnica'  para levar a bo termo este
        obxectivo. Penso en cuantificar á xente necesaria para  facilitar o
        código a ser introducido, a formación técnica ós filólogos, a
        reincorporación do traducido na aplicación OOffice ... en fin, todo o
        que consideres oportuno.

        Tralo envío do borrador, esta persoa o amosará á Comisión. Se non é xa
        nesa primeira entrevista, na seguinte di que estaría ben que foras ou
        fósemos con el para xa concretar todo o plan de actuación. O resultado
        mínimo a esperar sería ter o devandito "corrector ortográfico galego"
        co visto e prace da Mesa para a Normalización, o da Xunta, o de todos,
        vamos. (?)""
        
Noutras conversas tamén:

        ""[...]Para rematar, grazas pola túa resposta e interese. Escribínte
        persoalmente porque eles o plantexan con privacidade, a piden alomenos
        ó comezo. Confío en que trala xuntanza esa todo isto saia á luz para
        un debate e concurso públicos.

        Saúde""
        
Cando lin o de privacidade e logo o de concurso públicos sentín que me estaban 
tomando o pelo, pois nós en Trasno coma "pseudoasociación" non poderiamos 
optar a ser beneficiarios de ningunha subvención nin moito menos optar a un 
concurso público coma empresa. Así que a solicitude que se me fixo de que 
elaborase un borrador para o proxecto para que logo saíra a concurso público, 
sooume a burla. Quero dicir que posiblemente sexa Roberto Brenlla o que, 
facendo sempre de intermediario e recén chegado á lista de correo, o que 
fixera uso do borrador como de seu o llo fornecese a calquera interesado en 
optar á subvención.

 Dende Trasno Ramón Flores fixo saber a inviabilidade do proxecto por 
cuestións técnicas que todos comprendimos e isto, sumado á miña desconfianza 
natural de galego e ao meu descoñecemento no tema dos dicionarios, fixo que 
me desentendera do asunto. 

3) Ambas propostas de colaboración/subvención quedaron en papel mollado co 
paso do tempo, ata tal punto que nunca máis se volveu a falar do tema. Polo 
asunto de Fene, algunha nova na Voz de Galicia sobre o proxecto (que por 
certo non tiña moito que ver coa proposta principal que nos amosou Brenlla), 
pero sabendo que o coimpulsor do tema era o concellal Pancho (Francisco 
Allegue), recentemente falecido, pois supoño que a cousa tiña para tempo.

4) Fai uns días que saíu á luz o concurso "público (?)" para optar á 
localización do OpenOffice. Dada a cuantía ofertada (140.000 €), o pouco 
prazo para a presentación de solicitudes, a procedencia da oferta, o estrano 
do método e, o que é máis chocante, o traballo a acometer (lembro que xa está 
parcialmente traducido, bastante segundo denotaban os screenshoots da páxina 
do proxecto Ceibe, anque posíbelmente desfasado en canto ás versións do OO), 
sentín cursiosidade por saber se había xente implicada no asunto que eu 
coñecese. Ben, pois tralo posto no ponto 1), que, anque simples 
amizades-relacións non queren dicir nada, ben o sei, pero que no conxunto dos 
acontecementos deixan de ser casuais a parecer relacionados, entendo que 
existe algún tipo de amaño para favorecer a determinada empresa (empresa en 
tódolos sentidos da palabra). Deixo a cada un a interpretación que queira 
facer do caso, pero creo que está máis ou menos claro.

5)Quero informar á xente de Trasno do preocupante do asunto, en canto a que 
pode que se estea a empregar ou se vaia a empregar (como xa se quería 
empregar nas tentativas do corrector ortográfico) o traballo que fixemos e 
facemos de xeito altruista a cotío, para beneficio persoal de determinadas 
persoas.

Estou aberto a correccións, e supoño que isto dará que falar, se é que hai 
alguén a lelo.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a