Hai pola rede unha versión do OO 1.1.5 en galego do proxecto Ceibe, con 
data de Outubro do 
2005, por se hai algún desfasado con woody ou potato ;).

http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=82379

Están ademais as 1.1.4  e 1.1.3.

Aburrinme e descarguei os ficheiros *.po que ofrecen en mancomun.org. Non 
está mal, son 20000 mensaxes a interface e 40000 a axuda. Só o traduciron 
dúas persoas, non vinculadas directamente a Imaxin polo que parece. Un tal 
Iago (coido que podería ser un Iago Bragado Trigo ?¿ da Galician and 
Portuguese Studies Section da Uni de Vigo colaboradores de Imaxin polo que 
se di en http://webs.uvigo.es/sli/principal.html). O outro non sei quen é, 
só ten a ligazón de correo.

Pero a gracia do asunto e o motivo do mail é para reconsiderar a 
mentalidade retrógrada e purista que comparto con Trasno de deixar á marxe 
as traducións do portugueses como base para facer a galega (aproveitando 
todo ou só para guiarse os non versados no inglés). Porque unha grande 
parte dos ficheiros po (que como din no novo portal pertencen á "versión 
ao galego do OO por mancomun.org") conteñen

"Language-Team:  <p...@li.org>\n"

Que é o enderezo de correo do equipo de tradución do Openoffice á lingua 
do Miño para baixo.


-- 
Mobile Internet - E-Mail und Internet immer und überall!
GMX zum Mitnehmen: http://www.gmx.net/de/go/pocketweb
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Reply via email to