O Wednesday, 24 de May de 2006 13:11, Xabier Villar escribiu:

> Eu teño interés en probalo... ¿Poderias escribir un mini-tutorial de como
> realizas a traducción? Porque polo que teño visto o por2gal tentaría
> traducir todo o arquivo, e hai cadeas que non están en portugués. Igual
> resulta interesante traballar un pouco máis o script para poder aplicalo
> directamente ós arquivos *.po

Simples, vexamos o meu caso particular:

---Teño instalado o kdesvn (frontend para svn), coa cal manteño sincronizado 
(cando lea isto, a xavi g. f. han lle entrar gañas de dar-me cun pao , 
deixemo-lo nun "actualizado semanalmente") a miña copia local (working copy) 
co repositorio oficial, tanto de pot como de traducidos a galego.
---Teño instalado o kbabel co catalog manager, of course, para realizar a 
verificazón mensaxe a mensaxe tras a transliterazón.
---Teño instalado o pt2gl /pt2gz. Se revisas os distintos guions, veras que é 
simples de modificar, mesmo para engadir palabras (do estilo dica 
(tooltip)->axudas).

Pois a opzón que eu escollin para aplicá-lo foi copiá-lo en /usr/local 
(retocando os guións, para recoller correctamente as localizazóns dos 
distintos guións, tendo en conta a nova rota base /usr/local/lib/pt2gz/),
e aplicá-lo a cada un dos ficheiros po dunha cópia local do repositorio da 
tradución ao portugués do kde. Para isto fixem un pequeno guión shell, pero 
acidentalmente acabou en /dev/null.

Se non o ques aplicar a tooooodo un repositorio/módulo, hai, creo, unha opción 
mais elegante que consiste en criarte o teu proxecto no catalogmanager, e na 
seczón "Comandos dos ficheiros", adicionar o seguinte:
Nome: Transliterar
Comando: /usr/local/bin/transliterador../../kde_pt/@DIR1@/@POFILE@ ./@POFILE@
onde se supón que "transliterador" é un dos guions axustado para tomar o 
ficheiro po que se lle dá como primeiro argumento e escreber a saida no 
ficheiro que se lle pase como segundo argumento.
Con isto, o ficheiro po pre-existente na tradución ao galego será sobrescrita 
cunha versión transliterada desde o português.

Nota: A min isto, como o kbabel para kubuntu ppc non me admite engadir 
comandos, non tiven ocasión de probá-lo.
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpZYQaMpbmGY.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a