Por outro lado: aos administradores en Rosetta non vos suporá ao final moito
traballo ter que reenviar as cousas asiduamente aos responsabeis ou aos
cvs's, se hai moitas colaboracións? Deberiades usar algún script ou algo
semellante, pero habería que configuralo en función de cada asunto: se a
tradución está agrupada (por exemplo KDE, Gnome ....) ao correo do
coordinador, se é unha aplicación solta hai que enviala ao correo do autor
(se non hai acceso cvs). E isto si que é complicado de automatizar->pode que
entenda por que se desentenden os de Ubuntu.

Evidentemente é por iso. Ademais eles xa deixaron moi clariño que só
ían proporcionar unha ferramenta de traducción, e namais. Iso supón
que os nosos compañeiros deben colaborar un pouco máis e renviar o seu
traballo ós creadores do software.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Reply via email to