> Non sei se é só percepción miña, pero noto certa "hostilidade" contra
> Rosetta/Ubuntu.

Non home, nin de lonxe, síntoo se o semella. Só certa hostilidade cara os de 
Ubuntu por facer as cousas a medias ;). De seguro que é un sistema moi 
práctico para facer as traducións puntualmente e moito máis 
diversificadamente, pero só se hai anovacións oficiais. 

Por outro lado: aos administradores en Rosetta non vos suporá ao final moito 
traballo ter que reenviar as cousas asiduamente aos responsabeis ou aos 
cvs's, se hai moitas colaboracións? Deberiades usar algún script ou algo 
semellante, pero habería que configuralo en función de cada asunto: se a 
tradución está agrupada (por exemplo KDE, Gnome ....) ao correo do 
coordinador, se é unha aplicación solta hai que enviala ao correo do autor 
(se non hai acceso cvs). E isto si que é complicado de automatizar->pode que 
entenda por que se desentenden os de Ubuntu.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a