Ola:
Eu faría un pouco mais fincapé sobre a cuestión de ferramentas para traductores que foi algo que penso que todos opinamos que habería que mellorar (¿unificar criterios?) Pois eu entendín que dentro de trasno íase abrir un fio sobre os sistemas e ferramentas para tradutores mais idoneos.

Tamén se falou de que sería interesante de centralizar repositorios.

En canto a deficiencias (criticas de rosetta) foi que as traducións que se facían en rosetta non pasan aos repositorios xerais pero sí ao revés.
Na miña opinión, habería que por nun servidor todos os arquivos a traducir e que contra el traballase o pootle (xa que rosetta é unico e especifico para ubuntu) e tamén quen quixese puidese descargar o .po para traducilo en local, así estarían as dúas posibilidades unificadas e usaríamos todos os mesmos repositorios.  Isto ultimo non sei se é posibel.

Agora non se me ocorre mais nada.



Xabi G. Feal escribió:
Fixen este pequeno resumo do falado na reunión entre A.Pérez Casas e algúns 
dos que asistimos dende Trasno. Imaxino que faltan cousas e algunhas outras 
non entran nunha información imparcial, pero as dúas ou tres opinións 
persoais que hai adoitan estar ben localizadas). Agradécense ampliacións e 
correccións:

- Que o compromiso polo software libre provén da Consellaría de Industria e 
Innovación e fica polo tanto atento principalmente ao desenvolvemento e 
promoción das empresas do sector tecnolóxico galego no novo campo dos 
servicios relacionados co software libre.

- Que entre as políticas puramente dirixidas ao software libre farán fincapé 
no emprego dos estándares e no apoio ao movemento colaborativo-asociativo. O 
proxecto se atopa aínda en fase inicial e, máis que a unha desatención 
voluntaria, o desentendemento con asociacións e grupos como Trasno, 
Ciberirmandades, Galego21 provén dunha precipitación inicial e de que, no 
noso caso, á administración lle resulta difícil estabelecer trato, convenios 
e iniciativas con grupos sen entidade xurídica. Rexeitáronse taxantemente 
dende un principio as tentativas que tiñan algúns dos LUGs galegos de 
realizar os traballos (de calquera índole) mediante contratación ou pago dos 
seus asociados e confíase en que sexa a comunidade de desenvolvedores por 
libre e as empresas a que faga e colabore asiduamente nos traballos 
(tradución, desenvolvemento...) que se enmarquen dentro dos mesmos obxectivos 
que a Consellaría. Non se rexeita, por outra banda, que a administración 
documente e traduza algúns proxectos de software empresariais que algunhas 
empresas galegas están dispostas a liberar nun futuro baixo licencia libre.

- Non se volverá a repetir un caso como o do OpenOffice xa que non vai ser ese 
o estilo de acadar axiña resultados (discutiuse a calidade do traballo do 
OpenOffice, sobretodo no relativo ao diccionario que se adxuntou e que carece 
hoxe en día de utilidade algunha, porén a suposta sobrefinanciación séguese a 
negar a pesar das evidencias). Delegouse a responsabilidade da decisión na 
dirección do Cesga e excusouse a indefinición polo periodo de ambigüidades 
que se deu no cambio de goberno. Fíxose resaltar que a Consellaría podería, 
dende un principio, ter financiado fortemente e por vía empresarial unha 
distribución galega, unha localización completa, e todos os servicios 
relacionados cousa que evidentemente non se quixo facer. Quedou claro que non 
se van a contratar máis este tipo de servicios (pero non se falou de 
subvencións ás empresas, que imaxino estarán dentro das espectativas)

- Que entre os proxectos de futuro existe vontade de elaborar unha 
distribución propia (se cadra varias, por exemplo para a administración, para 
a educación, para a xestión económica ... todas con posibeis usos 
institucionais) pero que se van deixar de lado os exclusivismos. Forneceranse 
recursos na rede mediante a creación dunha "forxa" para todos os grupos que 
participen na elaboración de distribucións, na tradución, no desenvolvemento 
de aplicacións, na elaboración de conferencias, coloquios ou seminarios, e, 
en xeral, nas asociacións actuais. 

- Existe disposición de colaborar connosco para acadar a localización 
completa: atenderanse dentro do posíbel as nósas peticións (axuda técnica, 
elaboración de plugins, organización de seminarios de tradución, servidores, 
a futura forxa, un servicio ou persoa para revisión lingüistica para os 
tradutores ...). Precisamente resaltouse a necesidade de facilitar a 
tradución con seminarios explicativos e a elaboración de material didáctico 
para tradutores non expertos en informática ou software libre (expúxoselles o 
de captar novos tradutores como medida estrictamente necesaria para levar a 
bó termo a localización completa). Descoñecíase o glosario e a guía de estilo 
de Trasno, (así como os manuais, que habería que anovalos). Díxose que habían 
pór máis atención ás mencións aos autores ou ás asociacións na páxina de 
mancomun.

- Había unha predisposición dos técnicos do proxecto a usar Rosseta como 
ferramenta de utilidade para a localización (é dicir, e isto é cousa miña, 
había pretensión de facer paralelamente as localizacións, desvinculándose 
posíbelmente dos proxectos oficiais de tradución: KDE, Gnome, Mozilla, 
OpenOffice ... e, dedúcese polo tanto, unha preferencia por Ubuntu no caso de 
elaborar unha distribución galega; descoñecíanse os puntos malos de Rosseta). 
M.Villarino suxeriu no seu lugar Pootle (http://pootle.wordforge.org/), se un 
día se vai usar interface web para tradutores ocasionais (aínda que 
preferentemente se debera usar un sistema operativo completo). Urxiuse a 
elaboración dun dicionario-corrector completo e agárdase a que se implemente 
maioritariamente o Hunspell.

- Para rematar, creo que quedaron en que van abrir un foro reducido para a 
intercomunicación directa entre Trasno, Galego21. Ciberirmandades e os 
técnicos do proxecto, en Mancomun.org. Agora mesmo non lembro se tiña outra 
finalidade que elevar as propostas que saian nas listas de correo 
particulares.

Alguén podería engadir e/ou corrixir todo o que falta ou está mal?
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

  
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a