Ola a todos,

Permitídeme de novo puntualizar sobre Rosetta. Xa que se tratou este
tema, lamento máis o non ter podido ir á reunión :-( .

Daniel Muñiz Fontoira wrote:
> Ola:
> Eu faría un pouco mais fincapé sobre a cuestión de ferramentas para
> traductores que foi algo que penso que todos opinamos que habería que
> mellorar (¿unificar criterios?) Pois eu entendín que dentro de trasno
> íase abrir un fio sobre os sistemas e ferramentas para tradutores mais
> idoneos.
>
> Tamén se falou de que sería interesante de centralizar repositorios.
>
> En canto a deficiencias (criticas de rosetta) foi que as traducións
> que se facían en rosetta non pasan aos repositorios xerais pero sí ao
> revés.
A maior deficiencia que ten Rosetta agora mesmo é o control da
calidadade das traducións. O paso das traducións aos repositorios sempre
se pode facer manualmente.

> Na miña opinión, habería que por nun servidor todos os arquivos a
> traducir e que contra el traballase o pootle (xa que rosetta é unico e
> especifico para ubuntu) e tamén quen quixese puidese descargar o .po
> para traducilo en local, así estarían as dúas posibilidades unificadas
> e usaríamos todos os mesmos repositorios.  Isto ultimo non sei se é
> posibel.

Preténdese incluso que as ferramentas para traballar cos ".po" teñan
interface con Pootle, pero isto aínda non está funcionando. Aínda que
Pootle promete moito, agora mesmo (xa está a versión 0.91 e eu probei a
0.9) está moito menos evolucionado ca Rosetta. Como mencionei noutro
correo, estou seguindo bastante a evolución de Pootle, en canto apareza
a primeira versión que permita levar as traducións dun xeito cómodo, con
control de calidade, etc. avisarei.

>
> Agora non se me ocorre mais nada.
>
Un saúdo.
    Felipe.


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a