Ola Felipe:
Xa mirei o servidor pootle que instalaches. A min gustame, pero a interfaz de administrador non a entendo moi ben, como se sube un arquivo po para polo na lista? de todos modos isto é curiosidade xa que iso sería cousa dos administradores. En canto a conta de usuario parece simple, unha pregunta é se se podería nutrir dun glosario de tal xeito que puidese ir suxerindo unha tradución automatica.

En relación co pootle, comentar unha vez mais, desde logo penso que sería interesante unificar os repositorios de arquivos po a traducir. E ainda que os expertos prefiran descargar o .po para traballar en local, moitos con menos coñecementos e que prefiren simplicidades poderíamos traducir desde o entrono web.

Saudos a todos.




Felipe Gil Castiñeira escribió:
Ola a todo o mundo,

Aproveitando que saiu a versión 0.9.1 de Pootle instalei un servidor de
proba. Se alguén lle quere botar un ollo (especialmente á interface de administración, xa que en http://pootle.wordforge.org non está dispoñible) pódeo atopar en
http://argan.homelinux.com. Ten dous proxectos instalados: o propio
pootle e o vim. A conta de administrador é "administrador" (contrasinal
"administrador"). Unha conta de usuario é "eu" (contrasinal "tradutor").

Un saúdo. 	 	
    Felipe.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

  
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Reply via email to