Ola,
xa levo mirado varias veces o Pootle e ainda me parece confuso, polo
menos no referente á administración. Axudaría un pouco que cando se
pode facer unha tarefa de administración dende unha páxina esta tivera
unha cor de fondo diferente, por exemplo laranxa claro, ou algo así.

Boa idea o de engadirlle as gráficas, pero poderían mellorarse un
pouco no referente á apariencia, ainda que supoño que se se pon un
servidor en Trasno se farán melloras neste aspecto.

Ata logo,
               Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a