Ola de novo,
estiven mirando a ver se atopaba algún erro máis e pouco atopei, ainda
que se de verdade houbo que traducir 16000 cadeas para ter o Firefox
en galego, non sei onde estarán metidas. O que atopei:

en Ferramentas->Opcións->Intimidade usas "estabrecer"

é correcto intimidade? e privacidade?

Os nomes dos tipos de letra tamén van na tradución que fixeches ou
tómaos doutra parte? "É támil"

o que xa comentei nunha mensaxe anterior, cambia pestana por algo coma
"separador".

Non é subliñar en vez de suliñar?

Ata logo,
               Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a