A verdade é que parece que o loxico sexa iso, que o que quere retomar a coordinación se poña en contacto cos de mozilla.
Saudos
dmunhiz

Jesus Bravo Alvarez escribió:
O Martes 01 de Agosto de 2006 ás 21:03, Leandro dicía:

Jacobo Tarrío) coma coordinador oficial, e que para que outro poida
continuar co teu antigo traballo vas ter que contactar un pouco
ca xente de Mozilla

        O normal nestes casos é que o novo grupo/coordinador contacte cos
de Mozilla, e eles traten de confirmar que Jacobo xa non se encarga
mandándolle a el unha mensaxe.  Pero enviándolla eles, non poden esperar a
que Jacobo a mande, podería ser que o anterior coordinador dun grupo
estivese desaparecido, e non se pode bloquear todo por causa diso.

Pois logo montaremos un grupo que se aproveite do teu traballo (no mal
sentido da palabra) e que traballe en Trasno.

        Xa estou a ver a Jacobo: "A miña tradución é miña e dixen que non a
compartiría" ;)  Creo que as traducións do software levan a mesma licenza
que o propio software, e neste caso estamos a falar de licenzas GPL ou
aínda menos restritivas.

        Creo que xa o explicou ben Jacobo, pero neste caso penso que é ben
claro: abonda recoñecer a autoría do traballo orixinal, pero á parte diso
pode facerse o que se queira coa tradución.  E supoño eu que a Jacobo non
lle ha parecer mal, todo o contrario, parecerálle ben, que parte do seu
traballo chegue a ser oficial (con tal de que non o amolen, claro :D)

        Non hay que lle dar tantas voltas ;)

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a