> wrap=dividir?? Partir (liñas).
partir logo.
> empty = vacio?? no glosario de Trasno aparece así Baleiro. Non sei de onde vén o de "vacío".
vouno borrar e poñer que non se pode usar vacio.
> extended = extendida, estendida?? É "estender" (sempre esquezo se é con x ou con s), así que "estendida".
no meu diccionario ven estender,extendida.
> que tal se cambiamos clipboard = cartafol por outra cousa e poñemos Clipboard = portarretallos. > folder=cartafol coma opcion recomendada?? Non sei vós, pero iso é o que veño empregando desde hai 6 anos.
poñoo logo como vos comentei
> font = tipografia?? Tipo (de letra).
poño que non se debe usar tipografia, acabo de mirar no diccionario e non teñen nada que ver. Eu sen me dar conta levo usando font=fonte dende que empecei a traducir...
> insert=insertar é correcto?? Inserir.
borro insertar logo
> italic=itálica é correcto?? Itálica (que creo que en tipografía significa algo distinto que "cursiva").
si, cursiva é un subtipo de itálica (segundo a entrada de itálica do meu diccionario, pero é que na entrada de cursiva veñen coma sinónimos)
> parser=analizador,interprete,...?? Anali[sz]ador (sintáctico).
analizador logo
> queue= cola é castelanismo?? ven no meu diccionario Cola ou fila (as dúas veñen no da RAG).
poño cola coma recomendado, porque este termo sempre o vin asociado ás colas de impresión
> revert = no Inkscape aparece coma volver a unha versión anterior do > documento. no glosario aparece reverter coma traducion e no meu > diccionario reverter non ten ese significado... poñermos revert= > volver á version anterior?? "Recuperar"
perfecto
> sharing= compartimento?? (acción de compartir) Comparti{ci,z}ón.
non sei de onde sacaria eu compartimento, ah do meu diccionario compartimento=accion de compartir...
> missing (words) Palabras que fallan.
non sei se cadrará moi ben o "Número de palabras que fallan: "
> buddy?? Amiguiño :)
colega logo
> stop = por exemplo nun degradado ás cores chamanlles stop. Non sei > como expresar isto... Paso.
Hei ter que facer o que non deberiamos, mirar a tradución a outros idiomas...
> baseline (For text, the line on which most characters (i.e. 'x') rest. Liña base dos caracteres.
Vou poñer peer=parceiro tamén Ata logo Leandro
_______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno