Leandro Regueiro escribiu:
2008/5/27 damufo <dam...@gmail.com>:

Leandro Regueiro escribiu:
2008/5/27 damufo <dam...@gmail.com>:
Pensando un pouco mais, o tema tamén é como chamarlle ao grupo de
diferentes
posibilidades, Fontes? para min queda moi ambiguo, no caso de usar
sementes,
que da moito máis claro do que estou a falar. Fonte/s sempre vai precisar
un
acompañante mentres que sementes non.
tamén teño usado subscricións pero penso que é mais correcto semente
porque
semente some máis a que o que a ten dáa mentres que subscrición é mais
coma
pedir (a información/código que se facilita).
Eu non vexo a necesidade de impoñer nada. Ningún dos termos nos
convence a todos. Se a maioria decide usar un termo, usareino eu
tamén, para que asente, e pode que nun futuro non pareza tan forzado.
Eu penso que a idea de fonte e semente son equiparables ata certo
punto. Como di damufo fonte xa está sobrecargada, pero sigo sen ver
tan claro semente. Eu entendo que un RSS é coma un sitio de onde saen
novas. Unha semente xermina e punto. En cambio dunha fonte seguen
abrollando novas novas sen parar... O dito, hai que discutilo, e igual
é hora de implicar a máis xente.
¿Quen está a impor? Supoño que iso non é por min.
(no caso de que si o sexa: eu só dou opinións e argumentos que por suposto
son rebatibles e mesmo poida que errados, pois son meus.)
Isto xa se discutiu moito, poida que sería bo preguntar nesa rolda de
sabios.

Eu lin algo sobre impor nalgunha das mensaxes anteriores, non sei se
fuches ti nin vou mirar agora quen foi. Igual si é hora, pero
preferiria que outra xente dera a súa opinión sobre o tema.

Pois eu diría que eu non fun.

Por outra parte ainda queda por falar dos seeds do bittorrent...

Perdoa a miña ignorancia neste tema, pode ser parceiro? a tradución disto ou era doutra cousa?

parceiro -ra    

2 s Persoa coa que se comparten propiedades, negocios, intereses ou divertimentos.

Reply via email to