2008/5/27 damufo <dam...@gmail.com>: > Pensando un pouco mais, o tema tamén é como chamarlle ao grupo de diferentes > posibilidades, Fontes? para min queda moi ambiguo, no caso de usar sementes, > que da moito máis claro do que estou a falar. Fonte/s sempre vai precisar un > acompañante mentres que sementes non. > tamén teño usado subscricións pero penso que é mais correcto semente porque > semente some máis a que o que a ten dáa mentres que subscrición é mais coma > pedir (a información/código que se facilita).
Eu non vexo a necesidade de impoñer nada. Ningún dos termos nos convence a todos. Se a maioria decide usar un termo, usareino eu tamén, para que asente, e pode que nun futuro non pareza tan forzado. Eu penso que a idea de fonte e semente son equiparables ata certo punto. Como di damufo fonte xa está sobrecargada, pero sigo sen ver tan claro semente. Eu entendo que un RSS é coma un sitio de onde saen novas. Unha semente xermina e punto. En cambio dunha fonte seguen abrollando novas novas sen parar... O dito, hai que discutilo, e igual é hora de implicar a máis xente. Ata logo, Leandro Regueiro