2008/5/26 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
>
>> Se soubera o que é o choio ese igual podia dar ideas.
>
> As far as I know, son páxinas que publican artigos (dixitais, tipo blogs...)
> con unha determinada remuneración para o autor. Isto por unha parte, e de aí
> que diga o de 'distribuidor'. Pero sei que se usa no mundillo dos protocolos
> torrent pero non sei con que idea, se é isto mesmo, pero solo que a difusión
> dos contidos se fai via torrent ou que.

Pois a verdade é que non sei. Heino pensar, pero non prometo nada.

>> Supoño que terá
>> algo que ver cos feeds RSS, concepto para o que hai un milleiro de
>> traducións. Sen ir máis lonxe, non g11n dorfun enumerou algúns e no
>> seu blog vin que usaba semente. Xa vai sendo hora de abrir o debate
>> sobre feed, creo eu. Creo que o traducin normalmente coma fonte de
>> novas, ou orixe de novas, ainda que este último non me convence moito.
>> O concepto de fonte paréceme máis próximo pola idea de que as novas
>> "abrollan" do feed.
>
> gran tema. Eu quedome con semente para algúns temas, pero cando se usan
> programas coma akregator, liferea... non pega: é confuso. Aí para min o mellor
> é 'fonte de novas'

Penso que sería mellor usar fonte de novas en vez de semente, pero
isto teriase que discutir máis, e con xente do mundo dos blogs, se
fose posible. Como ben di Marce, outro contexto é do mundo dos
torrents, onde tamén se usa feed para referirse a outra cousa.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Reply via email to