On Mon, Jun 30, 2008 at 9:19 PM, Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com> wrote:
> O Lun, 30-06-2008 ás 17:43 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
>> On Mon, Jun 30, 2008 at 2:38 PM, Leandro Regueiro
>> <leandro.regue...@gmail.com> wrote:
>>
>> > Elves
>> Elfos
>>
>> > Elvish Archer
>> Elfo arqueiro
>
> Ben, agora si que estou seguro de que habería que facer unha votación ou
> algo, xa que neste exemplo é onde máis claro se ve que a tradución é
> "Arqueiro élfico", xa que Elve é elfo, e Elvish é élfico. Creo que antes
> de seguir coas traducións debemos nos poñer dacordo en como preferimos
> traducilo, se coma nome ou coma adxectivo.
>
> Un saúdo!
>                Adrián Chaves

Si, pero a próxima vez non fagas coma se os que nos tiveramos que
poñer de acordo somos eu e máis ti, envía a mensaxe á lista a seguinte
vez :)

A ver, eu isto xa o mirara hai tempo e da moito a lata...

Hai traducións nas que é mellor usar por exemplo Anano Guerreiro e
outras onde parece mellor Mariscal Elfo. É discutible, e non hai
ningunha solución posible. Eu prefiro poñer a raza primeiro e despois
o resto, a non ser neses casos especiais nos que é imposible.

Por outra banda está o que di Adrián, se traducimos elvish e dwarvish
coma élfico e ananesco ou elfo e anano. Eu penso que o axeitado é a
segunda opción.

Cando rematemos con isto, os que estades a traducir o wesnoth comigo
procurade ir dando a vosa opinión sobre as traducións, que senón só
traballamos dous...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a