>> A ver, eu isto xa o mirara hai tempo e da moito a lata...
>>
>> Hai traducións nas que é mellor usar por exemplo Anano Guerreiro e
>> outras onde parece mellor Mariscal Elfo. É discutible, e non hai
>> ningunha solución posible. Eu prefiro poñer a raza primeiro e despois
>> o resto, a non ser neses casos especiais nos que é imposible.
>>
>> Por outra banda está o que di Adrián, se traducimos elvish e dwarvish
>> coma élfico e ananesco ou elfo e anano. Eu penso que o axeitado é a
>> segunda opción.
> Posto que non escoitara ananesco na miña vida, pois anano é un adxectivo en 
> si, creo que o máis axeitado é élfico e anano, pero ambos os dous coma 
> adxectivo cando así o fagan os ingleses.

Xa, pero estamos falando de como imos facer a tradución ó galego, non
de como o poñen en inglés. Algunha referencia de literatura en galego
con ananos e elfos?

Ata logo,
                   Leandro regueiro

Responderlle a