Isto recórdame, e non é un argumento (nin moito menos), aos integrantes
do meu grupo musical cando dixeron que era mellor "pornos un nome en
inglés porque soa mellor".

Eu prefiro utilizar as maiúsculas do xeito natural, o que ten a lingua
escrita por convenio (pola RAG, máis ben), pero se a maioría está
dacordo en que se "capitalice" á inglesa para facilitar a lectura,
dacordo.

Porén, tamén he de dicir que entre "Requirir Confirmación De Lectura" e
"Requirir confirmación de lectura", sigo optando pola segunda, que
considero enténdese perfectamente e ao momento. Precisamente o exemplo
que se puso en que se desordeaban as letras das palabras inglesas e se
entendían (no seu tempo fixen a proba co exemplo en castelán) demostra
que incluso nese caso o texto recoñécese á primeira, se necesidade de
"capitalización" á inglesa e sen necesidade tan sequera de estar as
verbas na orde correcta.

Reply via email to