2008/7/7 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> O Luns 07 Xullo 2008 11:52, Adrián Chaves escribiu:
>> Porén, tamén he de dicir que entre "Requirir Confirmación De Lectura" e
>> "Requirir confirmación de lectura", sigo optando pola segunda, que
>> considero enténdese perfectamente e ao momento.
> A min resúltame máis cómodo de ler a opción con só a maiúscula inicial de
> frase. Agora ben, non teño impedimentos para que se empreguen as maiúsculas á
> inglesa nos texto de nome de acción: "Novo" "Gardal no Cartafol de
> Borradores". Para os títulos de xanela, agrupamento de opcións ou
> alternativas, mensaxes de barra de estado e en xeral textos longos, case
> mellor empregar namais a maiúscula inicial.
> Case que mellor por agora deixar isto á escolla do tradutor e ver que é o que
> se vai impoñendo.

Eu xa digo que por traballar menos conservaba a letra en maiúscula
onde a atopara. Isto provocaba problemas cando poñias en maiúscula
unha palabra dunha soa letra, xa que queda fatal. Ainda peor é cando
hai varias palabras curtas seguidas. O certo é que máis traballo da
poñer só con maiúscula a primeira letra da frase, pero queda mellor en
xeral, penso eu.

Decidamos sobre o asunto este xa, sistema de conservar as maiúsculas e
traducir algo máis rápido, ou sistema de usar as regras do galego que
aprendimos na escola e traballar algo máis??

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a