O Luns 07 Xullo 2008 11:52, Adrián Chaves escribiu:
> Porén, tamén he de dicir que entre "Requirir Confirmación De Lectura" e
> "Requirir confirmación de lectura", sigo optando pola segunda, que
> considero enténdese perfectamente e ao momento.
A min resúltame máis cómodo de ler a opción con só a maiúscula inicial de 
frase. Agora ben, non teño impedimentos para que se empreguen as maiúsculas á 
inglesa nos texto de nome de acción: "Novo" "Gardal no Cartafol de 
Borradores". Para os títulos de xanela, agrupamento de opcións ou 
alternativas, mensaxes de barra de estado e en xeral textos longos, case 
mellor empregar namais a maiúscula inicial.
Case que mellor por agora deixar isto á escolla do tradutor e ver que é o que 
se vai impoñendo.
-- 
Best regards,
MV

Responderlle a