>> Eu sigo insistindo con traducir "else" por "senon".  Así tamén contribues a
>> que os cativos aprendan a diferencia entre "se non" e "senon".
>>
>> Outra posibilidade é a de traducir o operador booleano NOT por "distinto".
>> É unha linguaxe de programación de alto nivel, pero ninguén di que as
>> sentencias deban ser frases gramaticalmente ben construídas, simplemente
>> deben entenderse.

O de NOT=distinto non o vexo, pero sigo apoiando o de senón despois de
ter lido tódalas mensaxes enviadas.

> $a = 1\n
> $b = 5\n
> se distinto (($a < 10) e ($b == 5)) {\n
>  escreber \"Olá\"\n
>  }\n
>  senon\n
>  {\n
>  escreber \"Adeus\"\n
>  }\n
>
> Non me convence moito
>
>> > De "break" non din con documentación, polo que asumo que fai o mesmo que
>> > o break de C, sair do corpo do bucle máis próximo ao ponto), e déixoo
>> > como sair_do_bucle.
>>
>> Insisto no de "romper", aparte de ser máis literal, realmente unha
>> sentencia break "rompe" a execución dun bucle. [non sei se me explico, a
>> connotación é distinta que a de "sair"]

Eu tamén insisto no de romper ou abortar. Isto non é para unha saída
normal do bucle, estase forzando unha saída.

>> Entendo, a través destes exemplos, que "learn" é unha forma de definir
>> funcións, ¿engánome?
> Non

Logo é algo para copiar o comportamento dalgo, e estender a súa
funcionalidade ou algo así, coma a herdanza da POO??

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a