2008/7/29 damufo <dam...@gmail.com>

>
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>
>> 2008/7/29 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>
>>> 2008/7/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>
>>>> Ou sexa, que basicamente pasaches das ideas propostas polos demais :)
>>>> Insisto nas ideas aportadas por min, ainda que chegue tarde, coma
>>>> sempre.
>>>>
>>> Eche o bon que ten ser un borde egocéntrico :-)
>>>
>>
>> Xa, algo bo tiña que ter :)
>>
>>  Ata logo,
>>>>
>>> Non te me escapas aínda; Cousas pendentes (e non teño toda a vida para
>>> adicala a un programa):
>>>
>>> -- Estades a ter en conta o público ao que vai destinado o programa? O
>>> texto termo non só  ten que ser semanticamente correcto, senón que ten
>>> que ser fácil de aprender e escreber (de ahí o de suprimir as tildes)
>>>
>>
>> Se o miras dese xeito... tamén os podes estar inducindo a non escribir
>> ben, mellor dito, nun futuro cando lles boten á cara a eses raparigos
>> que non saben escribir ben dirán: todo foi culpa dese borde
>> egocéntrico :)
>>
> Eu penso que se do que se trata é de ensinar a programar (corrixideme se
> non é esa unha das finalidade de logo), e partindo desta premisa entendo que
> a maioría das linguaxes non permiten acentos (non coñezo ningunha pero
> seguro que algunha hai que os permita) polo que entendo máis que xustificado
> que non se usen acentos á hora de programar.
>

Penso que se está a chegar demasiado lonxe con iso de ser gramaticalmente
correctos en este caso.

Ata onde entendo, o LOGO é unha linguaxe de alto nivel, que se caracterizan
(entre outras cousas) por ser linguaxes orientadas ó programado e non á
máquina, isto é, cunha sintaxe "similar" [e esa é a clave] á linguaxe humana
[xeralmente en inglés].
Non pretendamos reinventar a roda. Está ben traducir a sintaxe para que os
cativos teñan unha mellor idea do que se está a facer (ou do que lle están a
pedir á máquina), pero trátase dunha linguaxe de programación, non dunha
linguaxe de comunicación humana. Eu penso que non deberían aplicarse as
normas ortográficas e gramaticais, senon as propias normas de sintaxe da
linguaxe de programación en cuestión.


>
>>  -- Quédame a dúbida de se é apropriado utilizar camelCase e a unión de
>>> palabras co _ .
>>>
>>
>> Se queres estupidizar ós cativos simplifica todo ó máximo :)
>>
>
> Para funcións eu usaría _ tal como indica a guia de estilo de python que
> tan ben coñeces. Python parecese en que tamén é unha linguaxe moi simple e
> facil de ler (aínda que pode complicarse e facer cousas incribles)
>

Non sei por qué, pero con este último argumento convencichesme case de todo
para aceptar o uso do "_" nos nomes de funcións. Non obstante eu preferiría
que nas sentencias básicas, que son comúns a outras linguaxes, se usasen
palabras simples e non sentencias unidas con "_".
["if":"se","else":"senon","for":"para",...]

>
>
>>  -- Learn: Pois a min resúltame máis natural dicir "aprender a facer
>>> algo" que "aprender facer algo", ou "aprende fai algo".
>>>
>>
>> certo, estaba medio durmido :)
>>
>>  -- else: deixei caso_contrario para evitar confusións entre " se non
>>> predicado? {bloque_certo} senon {bloque_falso}
>>>
>>
>> o de caso_contrario fóra. Pero xa.
>>
>>  --for: pois vale, neste caso si farei outro cambio e porei "para".
>>>
>>
>> Eu é o que levo visto por aí dende hai uns anos.
>>
> Eu tamén penso que "para" é a mellor opción
>
>>
>> Ata logo,
>>                  Leandro Regueiro
>>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a