2008/9/20 Jacobo Tarrio <jac...@tarrio.org>:
> El viernes, 19 de septiembre de 2008 a las 23:22:11 +0200, Adrián Chaves 
> Fernández escribía:
>
>> Vai unha captura. Que carallo fixen mal? :-(
>
>  Nada. Esa pantalla é para que escribas a descrición do que fixeches, e o
> que vaia embaixo desa liña non se ha incluír na descrición.

O que di Jacobo está ben. O que eu ainda non conseguin foi que me
garde esa mensaxe que aparece no nano (editor de texto en modo texto)
e ma envie o svn; estou case seguro que é porque sempre lle dou á
mesma opción incorrecta para gardar o ficheiro...

O que tes que facer é darlle a gardar o ficheiro e despois a saír,
ainda que penso que isto é o que fago eu e non me garda a mensaxe,
ainda que os ficheiros si que mos envia, que é o importante.

En todo caso tes outras opcións en modo gráfico, o tortoisesvn para
windows, e o rapidsvn cos que estiven fedellando eu o outro día (e
parece que non ten tradución) para linux.

Co tortoisesvn, polo que vin cando llo instalei a Victor, podes ir
simplemente co navegador de ficheiros ó directorio onde tes a copia
local do svn, premer co botón dereito, darlle a enviar os ficheiros
por svn, e cubrir a ventá que che aparece (aí é onde se pon a mensaxe
que aparece no nano, ainda que aquí penso que non a pon
automaticamente, senon que tes que escribir ti todo).

Co rapidsvn ainda non fixen probas enviando ficheiros, pero a
interface é diferente. Neste programa tes que abrilo para facer
calquera parvada (a min gústacheme máis a idea do svn integrado co
navegador de ficheiros), e tamén che mostra unha ventá cando lle das a
enviar os ficheiros, na que tes que cubrir un campo de texto ca
mensaxe esa.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a