> 2008/9/20 Jacobo Tarrio <jac...@tarrio.org>: > > El viernes, 19 de septiembre de 2008 a las 23:22:11 +0200, Adrián Chaves Fernández escribía: > >> Vai unha captura. Que carallo fixen mal? :-( > > > > Nada. Esa pantalla é para que escribas a descrición do que fixeches, e o > > que vaia embaixo desa liña non se ha incluír na descrición. > > O que di Jacobo está ben. O que eu ainda non conseguin foi que me > garde esa mensaxe que aparece no nano (editor de texto en modo texto) > e ma envie o svn; estou case seguro que é porque sempre lle dou á > mesma opción incorrecta para gardar o ficheiro... > > O que tes que facer é darlle a gardar o ficheiro e despois a saír, > ainda que penso que isto é o que fago eu e non me garda a mensaxe, > ainda que os ficheiros si que mos envia, que é o importante. > > En todo caso tes outras opcións en modo gráfico, o tortoisesvn para > windows, e o rapidsvn cos que estiven fedellando eu o outro día (e > parece que non ten tradución) para linux. > > Co tortoisesvn, polo que vin cando llo instalei a Victor, podes ir > simplemente co navegador de ficheiros ó directorio onde tes a copia > local do svn, premer co botón dereito, darlle a enviar os ficheiros > por svn, e cubrir a ventá que che aparece (aí é onde se pon a mensaxe > que aparece no nano, ainda que aquí penso que non a pon > automaticamente, senon que tes que escribir ti todo). > > Co rapidsvn ainda non fixen probas enviando ficheiros, pero a > interface é diferente. Neste programa tes que abrilo para facer > calquera parvada (a min gústacheme máis a idea do svn integrado co > navegador de ficheiros), e tamén che mostra unha ventá cando lle das a > enviar os ficheiros, na que tes que cubrir un campo de texto ca > mensaxe esa.
RapidSVN acabo de instalalo, e ten boa pinta. A ver se subo a próxima vez con el. > > Ata logo, > Leandro Regueiro