mvillarino escribiu:
O Domingo 19 Outubro 2008 19:31, Leandro Regueiro escribiu:
Se hai maioría haberá que ceder. Lembro ter visto, creo que en
opensuse ou en mandriva, algo coma "update bunch", que tampouco
soubera moi ben como traducir. Por iso digo que creo que abusamos de
paquete.
"Bunch" é un grupo. Dependendo dos elementos, así será a palabra máis axeitada: ramo, acio, feixe... Como non creo que haxa unha palabra patrimonial para referirse a vaias actualización que van a unha, pois "grupo de actualizacións"
ou <<feixe de actualizacións>> as dúas opcións gústanme.
Tamén penso que é mellor usar un termo diferente a <<paquete>>.

--
damufo

Responderlle a