>>> Ola, estiven mirando no open-Tran as diferentes traducións para "ban": >>> >>> Bloquear >>> Desterrar >>> Expulsar >>> Excluír >>> Vetar >>> >>> Tamén sonde interese as traducións para "kick": >>> >>> Botar >>> Expulsar >>> >>> Tendo en conta que en moitos sitios se usan tanto "kick" coma "ban" >>> haberia que ter diferentes traducións para os dous. "ban" é moito mais >>> restritivo ca "kick". >>> >>> A miña escolla persoal seria logo "kick"="expulsar" e >>> "ban"="desterrar", pero estaria ben saber a vosa opinión sobre o tema. >> >> En #irc: >> >> kik → "patada", "couce", "expulsar", "botar" >> >> ban → "bloquear", "excluir", "vetar" > > engado: > seguindo co #irc > > as veces dase o caso de ordes kik/ban, que son unha combinación de 1º > expulsar e despois bloquear xa que hai clientes que cando se bloquea a un > usuario non é expulsado e este permanece na canle, e só cando sae xa non > pode volver a entrar.
Primeiro, non se é porque é culpa do programa que usades para ler o correo ou se é porque así vos resulta máis cómodo ler o correo, pero penso que é mellor responder despois da mensaxe orixinal porque se van lendo as mensaxes orixinais a medida que baixas cara as respostas. Penso que "desterrar" inclúe a necesidade de "expulsar". Non me dera conta de que isto tamén se usa no IRC. Ata logo, Leandro Regueiro