> >>> Ola, estiven mirando no open-Tran as diferentes traducións para "ban":
> >>>
> >>> Bloquear
> >>> Desterrar
> >>> Expulsar
> >>> Excluír
> >>> Vetar
> >>>
> >>> Tamén sonde interese as traducións para "kick":
> >>>
> >>> Botar
> >>> Expulsar
> >>>
> >>> Tendo en conta que en moitos sitios se usan tanto "kick" coma "ban"
> >>> haberia que ter diferentes traducións para os dous. "ban" é moito mais
> >>> restritivo ca "kick".
> >>>
> >>> A miña escolla persoal seria logo "kick"="expulsar" e
> >>> "ban"="desterrar", pero estaria ben saber a vosa opinión sobre o tema.
> >>
> >> En #irc:
> >>
> >>  kik → "patada", "couce", "expulsar", "botar"
> >>
> >> ban → "bloquear", "excluir", "vetar"
> >
> > engado:
> > seguindo co #irc
> >
> > as veces dase o caso de ordes kik/ban, que son unha combinación de 1º
> > expulsar e despois bloquear xa que hai clientes que cando se bloquea a un
> > usuario non é expulsado e este permanece na canle, e só cando sae xa non
> > pode volver a entrar.
>
> Primeiro, non se é porque é culpa do programa que usades para ler o
> correo ou se é porque así vos resulta máis cómodo ler o correo, pero
> penso que é mellor responder despois da mensaxe orixinal porque se van
> lendo as mensaxes orixinais a medida que baixas cara as respostas.
>
> Penso que "desterrar" inclúe a necesidade de "expulsar". Non me dera
> conta de que isto tamén se usa no IRC.
>
> Ata logo,
>                       Leandro Regueiro

No contexto dos videoxogos tipo Urban Terror (en xeral, os xogos de tiros en 
liña), kick é pra botar a alguén, con posbilidade de volver se lle peta pero 
perdendo a puntuación que tiña, e ban é pra que non poida volver (supoño que o 
administrador decide ata canto, e se basea na IP pra prohibirllo).

Partindo disto, "botar fóra" e "prohibir o acceso" parécenme boas traducións. 
Mais tendo en conta que a maioría das veces é preciso unha palabra soa (por 
espazo, máis que nada), creo que eu optaría por:

kick --> botar

"expulsar" recórdame ao seu emprego na escola, onde adoita significar 1 día de 
expulsión, logo 3, e á seguinte xa non sei.

ban --> ...

"bloquear" non me convence, porque sóame a que se bloquea ao usuario, cando 
alo menos no contexto dos xogos de tiros se deixa de permitir a entrada a un 
servidor (non ao resto), e por tanto non me parece que bloquear sexa o máis 
axeitado.

"desterrar" cumpre no que respecta ao significado, pero paréceme que o seu uso 
fóra dun contexto propio, no que á persoa se lle prohiba o acceso ao 
territorio (non a unha conversa/servidor), debería evitarse de ser posible.

"expulsar" é axeitado nun principio, pois o entendo como unha restricción 
extensa, claro que temporal. Imaxino que ban pode facer referencia a unha 
expulsión permanente.

"excluír" non me convence, porque seméllame significar algo como "deixar á 
marxe", pero sen o (creo que necesario) matiz despectivo de ban. Poden 
excluírte d'algo sen que fagas nada malo. Pero banearte?

"vetar"... Ademáis de que non é das miñas preferidas está o feito de que os 
administradores das partidas (o caso que teño máis próximo como notaríades) 
adoitan utilizar outro significado desta palabra. Cando hai votacións (pra 
elixir mapas, ou botar (kick) á xente), adoitan te-lo poder de veto (vetar). 
Pra non levar a confusións, creo que sería mellor evitar este termo.

Supoño que por min:

ban --> desterrar/expulsar

Un saúdo!

Responderlle a