> Totalmente dacordo, na miña campaña atopeime con algún diálogo pero moi
> minoritario, tamén debe haber algunha raza máis con esta característica,
> pero a dos ananos aparece en varias campañas co que estaría ben chegar a un
> acordo para traducir todos da mesma maneira.
>
> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e
> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para
> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir
> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para
> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo o
> que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos galegofalantes
> sen ter que ir a google.

Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos canda 
verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é a forma 
en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de que sexa a 
pronuncia oficial de toda Galicia.

En fin, que se ninguén se opón, seseo e gheada. De todos xeitos, a ver se polo 
menos Leandro le os mails e dá a súa opinión tamén.

Responderlle a