> >>>> Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos
> >>>> e trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
> >>>> americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
> >>>> utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar
> >>>> iso dos indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e
> >>>> na de SOTBE utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o
> >>>> diálogo. Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese
> >>>> acento xD
> >>>
> >>> Sempre se poden engadir aes ao principio, es ao final, e xuntar
> >>> palabras (ou quitar letras.
> >>>
> >>> Algo como «Habemos matare o prisoneiro xuntacova ondo pozo»
> >>
> >> Eu case prefería o dos indios praos trolls, e quizáis algo así pra os
> >> orcos (aínda que me parece non-normativo de máis ;))
> >
> > Eu non traduciría algo non normativo (non usaría o falar dos indios), en
> > todo caso empregaría sese e gheada que si os recolle a normativa. Tamén o
> > emprego de variantes xeográficas, en O Grove dicimos mirín, cantín,
> > falín...
> >
> > Sobre o de engadir o "e" ao final tamén o recolle, se non me erro, a
> > normativa e penso aínda está en uso (aínda que minoritario). Miña abóa
> > empregaba esta forma de falar, tamén o engadía ao final de nomes como
> > daniel(e).
>
> Resumindo e aceptando ideas propostas:
>
> Ananos: seseo e gheada, pero nada fóra da normativa.
>
> Orcos: seseo e gheada e poñer e ó final e pode que xuntar palabras
> como di Marce e linguaxe máis coloquial (ondo é coloquial, ou non?)
>
> Trolls: como na descrición di que son medio parvos entón usaremos
> linguaxe telegráfica (tipo indios) pero sen seseo nin gheada nin e ó
> final...
>
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro

Estou dacordo. Pero vou puntualizar iso de que a fala dos indios non é 
normativa:

Estou seguro de que nas pelis d'A Galega de vaqueiros hai indios e falan como 
se ten asumido que falarían os indios en galego (se ben non creo que os indios 
americanos que falen galego -se é que os hai- o falen así). Por tanto, me 
parece unha forma de fala válida dende un punto de vista normativo (a TVG, 
teóricamente, utiliza a normativa, e hai relativamente pouco ensinárame un de 
vós unha guía -coido que oficial- con "normativa" pr'a escritura de mensaxes de 
móbil acurtadas) e válida abondo pra tela en conta.

Deica.

Dito isto, creo que o seu uso na fala dos trolls é cuestionable. Pola miña 
parte, paréceme unha boa elección.

Responderlle a