Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos e
trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar iso dos
indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e na de SOTBE
utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o diálogo.
Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese acento xD

2009/4/15 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2009/4/15 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> >> >> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada
> e
> >> >> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible
> para
> >> >> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so
> incluir
> >> >> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre'
> para
> >> >> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que
> todo
> >> >> o que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos
> >> >> galegofalantes sen ter que ir a google.
> >>
> >> A verdade é que eu estíveno traducindo en galego normativo (máis ou
> >> menos) pero non o vexo mal de todo. Agora só queda decidir como
> >> traducimos a fala dos orcos e trolls, sobre todo dos trolls, que falan
> >> comendo palabras, algo estilo indios do oeste norteamericano.
> >
> > Coido que a fala dos trolls e dos orcos -polo menos a dos orcos- é
> similar á
> > dos ananos, así que a falta dunha opción alternativa -que dito sexa de
> paso,
> > estaría moi ben tela- podemos traducir tamén con seseo e gheada.
> >
> >> Por outra parte é algo difícil captar o que queren dicir con ese
> >> inglés inintelixible que usan nesas mensaxes...
> >
> > Si. Eu polo de agora tiven sorte, probando no Wordreference as distintas
> > opcións "ao mellor quixo dicir" que aparecen, e sacando a que é do
> contexto.
> >
> >> > Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos
> canda
> >> > verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é
> a
> >> > forma en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de
> >> > que sexa a pronuncia oficial de toda Galicia.
> >
> > Pois daquela o deixamos en seseo e gheada.
>
> Vale seseo e gheada, pero para os trolls mais usaremos a linguaxe tipo
> indios norteamericanos...
>
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a