>> Totalmente dacordo, na miña campaña atopeime con algún diálogo pero moi
>> minoritario, tamén debe haber algunha raza máis con esta característica,
>> pero a dos ananos aparece en varias campañas co que estaría ben chegar a un
>> acordo para traducir todos da mesma maneira.
>>
>> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e
>> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para
>> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir
>> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para
>> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo o
>> que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos galegofalantes
>> sen ter que ir a google.

A verdade é que eu estíveno traducindo en galego normativo (máis ou
menos) pero non o vexo mal de todo. Agora só queda decidir como
traducimos a fala dos orcos e trolls, sobre todo dos trolls, que falan
comendo palabras, algo estilo indios do oeste norteamericano.

Por outra parte é algo difícil captar o que queren dicir con ese
inglés inintelixible que usan nesas mensaxes...

> Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos canda
> verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é a forma
> en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de que sexa a
> pronuncia oficial de toda Galicia.

O do guión non o teño claro, pero se dicides que sí, pois adiante.

> En fin, que se ninguén se opón, seseo e gheada. De todos xeitos, a ver se polo
> menos Leandro le os mails e dá a súa opinión tamén.

Leo, pero estiven sen conexión.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a