>> Por certo, xa hai bastantes erros detectados en Gnome que alguén de >> Gnome tería que ir corrixindo, quen se ofrece voluntario? Hai certos >> erros que están moi espallados e que vai levar moito tempo corrixir. >> >> Por outra banda comentar que os erros de KDE parece que se propagan >> cara openSuse, así que corrixilos sería dobremente bo, pero con calma >> e cando haxa tempo. > > Dos erros de Gnome voume encargar eu. > Xa te fixarías que son case todos dos extras, que non traducimos en > Mancomún. Menudo traballo que estás a facer... > Por outra parte comento que en Mancomún estamos a completar (é dicir, que > lle estamos dando) á axuda de todo OpenOffice porque hai anos que non se lle > volveu tocar. > > Non o dis pero supoño que os erros de Gnome serán da última versión, ou ? > (no fondo dá igual porque os vou buscar e xa está)
Pois a verdade é que non miro en que parte do proxecto están, a non ser que sexa un dos meus (para corrixilo). Por certo, hai certos erros que aparecen moitisimas veces, prefires facer coma Marce de ilos corrixindo pouco a pouco ao revisar todos os ficheiros cadea a cadea, ou prefires que che indique onde están os erros? Respecto ó do traballo, cando consiga automatizar o proceso será simplemente buscar unha palabra, indicar traducións aceptadas para que saque estatísticas e para reducir a lista de cadeas con posibles problemas, e despois simplemente teño que ir mirando a lista de cadeas que quedan para ir sacando as que penso que son erróneas. A ver, a maioría dos erros (ou sexa, quitando os catro primeiros) foron atopados usando unha versión actualizada das bases de datos de open-tran, que se xeraron non hai máis de dúas semanas (unha semana incluso), e en teoría usaron a última versión de tódolos proxectos, pero eu non diria máis. Ou sexa, en principio os erros están en trunk. Ata logo, Leandro Regueiro