> Cbrpager
> A viewer for comic book archives
>
> literalmente: Un visor de ficheiros de libros de historietas (ilustradas)
>
> Dúbidas:
> Débese manter "comic" por ser xa voz de uso cotián?
> Segundo Digalego:
> comic
> (1) Procedemento narrativo de extensión variable baseado na sucesión de
> imaxes gráficas en viñetas, nas que se conta unha historia a través dos
> bocadillos.
> (2) Publicación que recolle unha ou varias narracións en banda deseñada.
> É máis convinte empregar historieta ou historieta ilustrada?
> O que me convence menos, aínda que é de uso en certos ámbitos, "banda
> deseñada"
>
> Agardo suxestións.

Comprendo que banda deseñada poda resultar algo raro (en comparación aos 
termos que se adoitan usar na rúa), pero creo que é o termo axeitado.

Hai xa algún tempo houbo no Verbum (un museo de Vigo) unha exposición de banda 
deseñada. Entereime entón da existencia do termo. E coido que os que fan banda 
deseñada en galego é así como a chaman.

Un saúdo! (Si que madrugamos en verán XD)

Responderlle a