Adrián Chaves Fernández escribiu:
Cbrpager
A viewer for comic book archives

literalmente: Un visor de ficheiros de libros de historietas (ilustradas)

Dúbidas:
Débese manter "comic" por ser xa voz de uso cotián?
Segundo Digalego:
comic
(1) Procedemento narrativo de extensión variable baseado na sucesión de
imaxes gráficas en viñetas, nas que se conta unha historia a través dos
bocadillos.
(2) Publicación que recolle unha ou varias narracións en banda deseñada.
É máis convinte empregar historieta ou historieta ilustrada?
O que me convence menos, aínda que é de uso en certos ámbitos, "banda
deseñada"

Agardo suxestións.

Comprendo que banda deseñada poda resultar algo raro (en comparación aos termos que se adoitan usar na rúa), pero creo que é o termo axeitado.

Hai xa algún tempo houbo no Verbum (un museo de Vigo) unha exposición de banda deseñada. Entereime entón da existencia do termo. E coido que os que fan banda deseñada en galego é así como a chaman.

Un saúdo! (Si que madrugamos en verán XD)


No dicionario español-galego da rag do 2004
comic: comic, historieta
tebeo: comic (tebeo en galego non o recolle)
Eu tendo en conta que historieta é sinonimo de comic, iríame a decidir entre:
"Banda deseñada" e "historieta".
E entra os dous penso que é mais claro "Banda deseñada" o único negativo que lle vexo, se é que o é, é que é máis longo o texto.

Responderlle a