Desde o punto de vista do galego

parceiro = socio =! par

Francamente é un abuso da palabra parceiro, xa que este se refire a un
réxime de explotación da propiedade, incluso en sentido amplo,
parceiros non significa que estean "de par" senón "con parte". Un
parceiro non é un colega nin un compañeiro, é un socio. Para min que
peer é mellor sempre como "par". Ademais par dá moi ben o xogo con "ir
á par, poñerse de par de..", emparellar, etc..

Chamarlle "elemento do mesmo nivel" é unha paráfrase perfecta, unha
explicación pero é un escaqueo na fixación dun termo.

Tamén considero que é mellor utilizar o verbo encontrar como forma
neutral, xa que atopar ten un carácter de "sorpresa", de choque físico
e para un estilo mais ben coloquial.



El día 10 de octubre de 2009 22:19, Manuel A Vazquez
<xixi...@yahoo.es> escribió:
> Ola a todos:
> Vedes ben esta tradución? Ten que ver coa sincronización NTP...
>
>
> Specified synchronization peer not found.
>
>
> Non se atopou o parceiro de sincronización especificado.
> Vexo no glosario de trasno peer como "parceiro" e lin no histórico da lista 
> que quedaba así, pero en thunderbird e demais vexo peer como "elemento do 
> mesmo nivel".
>
>  Manuel A Vázquez
> xixi...@yahoo.es
>
>
>
>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a