2009/10/10 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>
>
> 2009/10/10 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> Desde o punto de vista do galego
>>
>> parceiro = socio =! par
>>
>> Francamente é un abuso da palabra parceiro, xa que este se refire a un
>> réxime de explotación da propiedade, incluso en sentido amplo,
>> parceiros non significa que estean "de par" senón "con parte". Un
>> parceiro non é un colega nin un compañeiro, é un socio. Para min que
>> peer é mellor sempre como "par". Ademais par dá moi ben o xogo con "ir
>> á par, poñerse de par de..", emparellar, etc..
>>
>> Chamarlle "elemento do mesmo nivel" é unha paráfrase perfecta, unha
>> explicación pero é un escaqueo na fixación dun termo.
>>
> Hai tempo saquei o tema de "peer" na lista e, con menos explicacións
> tecnicas eu defendía "par" pero a maioría impuxo o termo "parceiro", polo
> que mudei todas as miñas traducións cara a "parceiro"

Pois creo que hai que reconsideralo en global porque senón qué facemos con

contributors, licensors and partners

É dicir, se "parceiro" é un "peer" entón un "partner" que é ?

Entendo que a cousa pode ter a súa complexidade, coma no caso seguinte:

A recibir - A transferencia está a recibir datos do parceiro (KDE)
KDE konversation: Receiving - Transfer is receiving data from the partner

Non podemos perder de vista non só a forma das palabras senón o seu
valor no contexto. A complexidade das linguas hai que tela en conta e
as traducións teñen que responder ao seu sentido na lingua de destino.
É evidente que nesta última cade a palabra "partner" refírese á
parella, ao par, mentres que no caso de arriba se refire a un socio
comercial, un parceiro.

Propoño que no caso de partner distinguindo cando nos referimos
elementos ao mesmo nivel digamos sempre "par" e cando falemos de
comercio digamos parceiro.
E cando sexa peer, sempre par.


>
>>
>> Tamén considero que é mellor utilizar o verbo encontrar como forma
>> neutral, xa que atopar ten un carácter de "sorpresa", de choque físico
>> e para un estilo mais ben coloquial.
>>
>>
>
>
> Nisto non concordo, levo toda a vida 8 eu e o meu contorno) empregando
> atopar e nunca notei ese caracter de "sorpresa", si que encontrar se emprega
> (as veces) no senso de
>  Reunirse ou xuntarse dúas ou máis persoas no mesmo lugar.
> Para min o froito dunha busca é atopar algo, por iso as veces determinada
> orde non atopa un determinado ficheiro etc.

Pois eu concordo contigo. O noso problema con find deriva de que o
valor das palabras non é igual para todas as persoas e igual que hai
acentos rexionais tamén hai "significados" que predominan ou se
confunden segundo a zona, a idade, a formación, etc... Para que se
entenda :

Para algúns galegos "cheirar" significa percibir un aroma
desagradábel, e cando é agradábel din "arrecende"; para outros pódese
"cheirar ben" simplemente. Así que a norma tende a considerar "ulir"
como neutral mentres cheirar ten un matiz chungo: "Iso que dis xa o
cheiraba eu" (nada bo pode ser).

No caso de "encontrar" e "atopar" é máis ben unha diferenza por zonas
e ten a súa explicación

Atopar < Topar < "top" (onomatopeia)
Encontrar <  in contra (latín)
Hallar, Achar < aflare (descubrir polo cheiro)

De feito atopar é un verbo exclusivamente galego que non compartimos
nin co castelán nin co portugués, é dicir non é nada neutral, é moi
local, en contraste con encontrar ou achar, que si están neses
idiomas. Debería ser un criterio valorar que cando nos dá igual unha
palabra ou outra escollamos aquela que nos fai solidarios nas nosas
traducións coas dos outros idiomas na linguaxe técnica... tamén
recoñezo a necesidade de reivindicar a diferenza e aí é onde está a
clave. En galego normativo hai unha clara preferencia no uso tanto
escrito como oral a usar "atopar" porque "encontrar" vese como un
castelanismo...e de aí a fuxida cara ao diferencialismo (que é tamén
un defecto, un eco da influencia do castelán).  E iso é así ata o
punto de que dicimos "atópome mal" (=me encuentro mal) en lugar do
galego "síntome mal".

Resumindo, encontrar e atopar son sinónimos, si, pero non totalmente
iguais; mentres atopar ten claras connotacións de algo cando menos
"físico", "algo que sorprende", encontrar era máis amplo e neutral e
na linguaxe técnica debería primarse como compensación incluso ao
hipergaleguismo da lingua espontánea.

atoparse, encontrarse, verse son xa cousas diferentes.




>>
>> El día 10 de octubre de 2009 22:19, Manuel A Vazquez
>> <xixi...@yahoo.es> escribió:
>> > Ola a todos:
>> > Vedes ben esta tradución? Ten que ver coa sincronización NTP...
>> >
>> >
>> > Specified synchronization peer not found.
>> >
>> >
>> > Non se atopou o parceiro de sincronización especificado.
>> > Vexo no glosario de trasno peer como "parceiro" e lin no histórico da
>> > lista que quedaba así, pero en thunderbird e demais vexo peer como 
>> > "elemento
>> > do mesmo nivel".
>> >
>> >  Manuel A Vázquez
>> > xixi...@yahoo.es
>> >
>> >
>> >
>> >
>> >
>> >
>> > --
>> > To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>> >
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>
>
>
> --
> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
> (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_min...@conf.jabberes.org
>

Responderlle a