>>> Vedes ben esta tradución? Ten que ver coa sincronización NTP...
>>>
>>> Specified synchronization peer not found.
>>>
>>> Non se atopou o parceiro de sincronización especificado.
>>>
>>> Vexo no glosario de trasno peer como "parceiro" e lin no histórico da lista 
>>> que
>>> quedaba así, pero en thunderbird e demais vexo peer como "elemento do
>>> mesmo nivel".
>>
>> Aquí parceiro igual non lle acae. A sincronización é entre dous puntos
>> (aquí e acolá) así que haberá que atopar unha tradución para "peer" de
>> xeito que se entenda o de "parte de acolá", e ningunha das traducións
>> propostas ata o de agora para "peer" queda ben para este contexto.
>
> Eu traduciría así:
>
> Non foi posíbel encontrarlle o par de sincronización especificado
>
> (a propia construción, ao engadirlle o pronome -lle, dá ese matiz do
> "partenaire" buscado)

Sinceramente sigo sen velo claro. Igual esta é unha desas ocasións nas
que non hai solución perfecta...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a